E sen case decatarnos, chegou a fin de curso e o momento das despedidas. Algúns volveremos en setembro para iniciar un novo curso, outros acabaron o ciclo e marchan. Estes momentos son emocionantes, pero tamén un pouco tristes... Para min é especial a despedida do grupo de PDC, co que compartín dous anos intensos de proxectos e traballo en equipo: contos, pancartas, murais, textos vangardistas, haikus, poesía visual, música, debuxo, entrevistas, planetas, debates... canto aprendín con vós! Deséxovos toda a sorte do mundo, oito magníficos!
Onte @s amig@s de quinto de primaria devolvéronnos a visita e trouxeron á nosa aula o conto de Carapuchiña vermella. Non faltou detalle: decorados, vestiario, narradores e actores e actrices. Todo marabilloso!
Según nos contaron despois, o aplauso escoitouse en todo o corredor...
Ainstalación
artísticaé un xénero da arte
contemporánea que tomou forza a partir da década de 1960. As instalacións
incorporan calquera medio para crear unha experiencia intensa nun ambiente
determinado. Os artistas de instalacións usan, polo xeral, o espazo da
exposición e a miúdo a obra é transitable polo espectador, que tamén pode
interactuar con ela. Inclúe calquera medio,
desde materiais naturais ata os máis novos medios de comunicación.
As
instalacións en espazos naturais que incorporan a paisaxe como parte da obra
inclúense no que se denominaLand Artou arte da terra.