A Revolución Industrial trouxo cambios importantes na vida de millóns de persoas. Moitas comezaron a traballar en fábricas e moitas delas eran nen@s. Nas primeiras fábricas inglesas eses nen@s eran menores de sete anos, obrigados a traballar entre doce e quince horas todos os días da semana. Non se alimentaban correctamente, estaban nun ambiente cheo de perigos e suciedade, non podían ir a escola nin xogar porque pasaban moitas horas no traballo.
Tedes máis información da Revolución Industial na ENTRADA que fixemos o curso pasado sobre este tema.