24/2/15

DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro nacía en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Hoxe, 178 anos máis tarde, esta rapazada de Mosteirón quere demostrar que o seu recordo segue moi vivo... (Premede na imaxe para ver o vídeo)

23/2/15

ANDREA MACEIRAS NO MOSTEIRÓN

Hoxe (organizado por Belén) tivemos a sorte de contar no noso instituto coa presenza da escritora Andrea Maceiras
Con ela entendimos un pouco mellor iso que parece tan difícil: que unha idea se transforme nun libro. 



Grazas, Andrea!

10/2/15

FERNANDO DE ROJAS Y LA CELESTINA

En esta presentación de Alicia León repasaréis lo que ya hemos visto en clase sobre La Celestina, de Fernando de Rojas. Atended a las características de la obra, no sólo al argumento...


A continuación haced 
ESTOS ejercicios.

4/2/15

AS MESTRAS DA REPÚBLICA

Un dos grandes éxitos da Segunda República foi a súa aposta decidida polas escolas públicas. Un exemplo concreto podedes velo neste vídeo onde se glosa a vida da mestra Ernestina Otero.

3/2/15

NUBES DE EVOLUCIÓN



Neste trimestre, limos en clase o libro de Andrea Maceiras, Nubes de evolución.
É esta unha historia de amor, amizade, valentía, soños, soidade, desenganos, fracaso, medo, rebeldía, rutina e frío, moito frío. De contos que axudan a sobrevivir e de vidas que evolucionan, como as nubes.