Hoxe fun ao teatro na mellor compañía.
Conteille ao alumnado de cuarto que no teatro Colón representaban La vida es sueño a cargo da compañía de teatro afeccionado Jueves Te-Antro. Once alumnos voluntarios e entusiastas viñeron comigo, pola tarde e desde Sada, a gozar desta interpretación do clásico de Calderón adaptado aos tempos actuais.
O básico estaba aí: manipulación, medo, violencia, soidade, poder, dor, engano, vinganza...
Todos saímos encantados, pero seguro que a máis contenta son eu. Xa digo, a mellor compañía.
(Grazas tamén a estas catro familias que puxeron os seus coches e o seu tempo ao servizo da cultura).