7/5/14

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


Nesta ligazón tedes información detallada da vida e obra do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro. Se vos fixades, estes días veredes polo Centro algúns dos seus versos...
Do blogue de Belén, Moradías do vento, collo prestadas unhas actividades para repasar a súa figura.
Este test e esta actividade LIM.
Neste vídeo do IES Díaz Castro de Guitiriz teredes oportunidade de coñecer o léxico da súa obra explicado polo alumnado.

25/4/14

REVOLUÇAO DOS CRAVOS


O levantamento militar do día 25 de abril de 1974, denominado Revolución dos Caraveis (Revolução dos Cravos), derrubou, nun só día, o réxime político ditatorial que existía en Portugal dende 1926 e que era o máis lonxevo de Europa. A revolución debe o seu nome á reacción popular, que repartiu caraveis aos soldados para que puxeran nos canóns das súas armas, simbolizando así o seu apoio a unha revolución non violenta.

23/4/14

ABRIL DOS LIBROS

Neste mes dos libros, o alumnado de segundo de ESO traballou nunha actividade moi especial: a creación e recreación de minilibros cheos de contos e poesía (tamén micropoesía). Desta maneira participamos na selección de textos, o coñecemento de distintos xéneros e fixemos unha homenaxe á lectura. Mirade os resultados:

17/4/14

HASTA SIEMPRE


"Sólo entonces comprendí que morir es no estar nunca más con los amigos".
           
             Gabriel García Márquez

6/4/14

DON QUIJOTE DE LA MANCHA


Para repasar todo lo que hemos estudiado sobre El Quijote, tenéis en esta página juegos y ejercicios. Aquí un Quijote interactivo y aquí la obra completa.

4/4/14

SOMOS CONTACONTOS!

Por fin chegou o día! Hoxe estivemos no cole visitando os rapaces de cinco anos. Levamos de agasallo o conto A que sabe a lúa, o noso proxecto do segundo trimestre.
Este conto amosa que traballando en equipo as cousas saen mellor. Nós puidemos comprobalo: preparamos entre todos este conto e todos disfrutamos da ledicia dos pequenos.
Grazas a Eva, a súa profe, polas facilidades e a axuda, e sobre todo a eles, os pequeniños, que disfrutaron e fixeron posible o noso proxecto.



27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DEL TEATRO

En segundo de ESO B repetimos el texto de Miguel Mihura para ir preparando la lectura de este trimestre. Gracias, chicos!

1/4/14

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DEL TEATRO


El pasado día 27 celebramos el Día Mundial del Teatro. En su Mensaje Internacional, Brett Bailey decía:
"Donde quiera que haya sociedad humana, el irreprimible Espíritu de la Representación se manifiesta. 
Bajo los árboles de pequeñas aldeas y sobre sofisticados escenarios en grandes metrópolis; en salones de actos de colegios y en campos y en templos; en suburbios, en plazas públicas, en centros cívicos y en los subsuelos de las ciudades, la gente se reúne en comunión en torno a los efímeros mundos teatrales que creamos para expresar nuestra complejidad humana, nuestra diversidad, nuestra vulnerabilidad, en carne y hueso, aliento y voz". 
En 2° de ESO lo conmemoramos representando un fragmento de Tres sombreros de copa, de Miguel Mihura.