28/9/14

A NOSA MIRADA

Ás veces as cousas non son o que parecen, ou poden parecer algo distinto do que son... Todo depende da nosa mirada, de mirar con ollos novos, intentando ver que hai máis alá da realidade, do cotián.
Os alumnos de cuarto PDC abriron os ollos e encontraron que ao seu redor de súpeto todo cambiou: unha lámpada era o sol da noite; unha parede, un lenzo en branco; o microondas, un sorriso constante; un marco de fotos, o libro da nosa vida...




Todas las mañanas me despierto 
con la visión de un lienzo en blanco 
en el que plasmar mi imaginación.

                        Juan Nogueira.

22/9/14

OS ALUMNOS DE CUARTO PDC


Este é o meu novo grupo de PDC, uns rapaces que se definen como optimistas e educados. Se queredes saber máis deles, na aula tedes o seu autorretrato.


Eu, de momento, podo dicir que son traballadores e moi moi participativos. Encantadiña estou!

19/9/14

FORMACIÓN DE PALABRAS

En esta presentación de José Luis Hernández podéis repasar lo que hemos empezado a trabajar en cuarto (y veremos en tercero la semana que viene).

En ESTE ENLACE y en ESTE OTRO tenéis ejercicios para practicar.

27/6/14

E FESTA!

E o último día tivemos unha festa moi completiña, con música instrumental, monólogos, danza e cancións. Menudo nivel!




Bicos a tod@s, chic@s!!

21/6/14

DESPEDIDAS...


E sen case decatarnos, chegou a fin de curso e o momento das despedidas. Algúns volveremos en setembro para iniciar un novo curso, outros acabaron o ciclo e marchan. Estes momentos son emocionantes, pero tamén un pouco tristes... Para min é especial a despedida do grupo de PDC, co que compartín dous anos intensos de proxectos e traballo en equipo: contos, pancartas, murais, textos vangardistas, haikus, poesía visual, música, debuxo, entrevistas, planetas, debates... canto aprendín con vós! Deséxovos toda a sorte do mundo, oito magníficos!

7/6/14

CARAPUCHIÑA VERMELLA


Onte @s amig@s de quinto de primaria devolvéronnos a visita e trouxeron á nosa aula o conto de Carapuchiña vermella. Non faltou detalle: decorados, vestiario, narradores e actores e actrices. Todo marabilloso!
Según nos contaron despois, o aplauso escoitouse en todo o corredor...
GRAZAS!!

6/6/14

AS INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS



A instalación artística é un xénero da arte contemporánea que tomou forza a partir da década de 1960. As instalacións incorporan calquera medio para crear unha experiencia intensa nun ambiente determinado. Os artistas de instalacións usan, polo xeral, o espazo da exposición e a miúdo a obra é transitable polo espectador, que tamén pode interactuar con ela. Inclúe calquera medio, desde materiais naturais ata os máis novos medios de comunicación.
As instalacións en espazos naturais que incorporan a paisaxe como parte da obra inclúense no que se denomina Land Art ou arte da terra.