Mostrando entradas con la etiqueta 4°PDC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4°PDC. Mostrar todas las entradas

14/11/15

LA CELESTINA


O alumnado de segundo ciclo gozou hoxe no Fórum Metropolitano dunha particular adaptación de La Celestina, a obra de Fernando de Rojas. CTC Producciones amosa esta versión na que Celestina se converte en xograresa para contar a historia de Calisto e Melibea en clave traxicómica, botando man de máscaras e monicreques para representar aos namorados e aos criados, aos personaxes da clase alta e a baixa, manexados, manipulados por ela.

10/6/15

LEVAMOS O POP ART A PRIMARIA


Para completar o noso proxecto de estudo sobre o Pop Art, hoxe estivemos en sexto de primaria. 
Saray fixo unha presentación sobre este movemento, Adrián falou de Andy Warhol e Nancy de Roy Lichtenstein. O resto dos compañeiros falaron das obras que tiñan preparadas.
Con este alumnado de sexto da gusto traballar. Son moi participativos e amosan interese por todo! Grazas, rapazada!

4/6/15

POP ART EN PDC


O Pop Art caracterízase polo emprego de imaxes e temas tomados da sociedade de consumo e da comunicación de masas para aplicalos á arte.
A Arte Pop, como o seu nome indica “Arte Popular”, toma do pobo os intereses e a temática. Usa imaxes coñecidas, pero dándolles un sentido diferente para crear unha estética ou acadar unha postura crítica coa sociedade de consumo.
O Pop é un estilo de vida, a manifestación dunha cultura caracterizada polo tecnoloxía, a democracia, a moda e o consumo, onde os obxectos deixan de ser únicos para producirse en serie. Valense de obxectos industriais, de carteis, de artigos para o consumo comercial.

8/4/15

EDVARD MUNCH



Os temas máis frecuentes da obra de Edvard Munch foron os relacionados cos sentimentos e as traxedias humanas, como a soidade ("Melancolía"), a angustia ("O grito"), a morte e o erotismo ("O bico"). Considérase o precursor do Expresionimo pola forte expresividade dos rostros e as actitudes das súas figuras, ademais do mellor pintor noruego de todos os tempos.

28/3/15

LECTURAS PARA 4° DE ESO EN EL TERCER TRIMESTRE

Zara y el librero de Bagdag es una novela de Fernando Marías en la que un escritor recibe el encargo de un viejo enfermo y solitario, Max, que le pide que revise su autobiografía. El escritor aceptará el encargo y así se adentrará en su novela, que se desarrolla durante la Guerra Civil y en la que un psicópata, "el asesino de las horas", acecha a su familia por ser su padre un conocido inspector de policía. Casi al mismo tiempo, el escritor y Max conocerán a Zara, una extraña chica iraquí que no habla y que procede de otra guerra...

Gustavo Adolfo Bécquer escribió Leyendas, un conjunto de narraciones de carácter posromántico que se publicaron entre 1858 y 1864. Estas historias tienen un carácter íntimo que evoca al pasado histórico y se caracterizan por una acción verosímil con introducción de elementos fantásticos o insólitos. Algunas de las más conocidas son "Maese Pérez, el organista" o "Los ojos verdes".

Makinaria (Carlos Negro, 2009) cheira a música a todo volume, a ritmo marcado e persistente, a letras de cancións, susceptibles de seren declamadas ou berradas, a mákina e hip hop, a coches maqueados, a velocidade, a goma de pneumático queimada. Un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra. Makinaria: nin difícil nin aburrido. Accesible, breve, espido de concepcións idealizadas para tratar a dor, a angustia, o medo, a morte, o perigo de queimalo todo axiña. (Isabel Soto)

27/3/15

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro
O alumnado de cuarto PDC fixo as súas prácticas teatrais partindo dun mesmo diálogo e cambiando personaxes e situacións.
Quedaron estupendas e, ademais, divertímonos moitísimo! (Xa colgarei tamén as tomas falsas...)


É unha sorte contar con este alumnado sempre disposto a todas as actividades!!

25/3/15

A NOSA PORTA!!

Hoxe rematamos de pintar a nosa porta. A aula de cuarto PDC xa é a Aula Castelao... 
Que vos parece? 

24/2/15

DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro nacía en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Hoxe, 178 anos máis tarde, esta rapazada de Mosteirón quere demostrar que o seu recordo segue moi vivo... (Premede na imaxe para ver o vídeo)

4/2/15

AS MESTRAS DA REPÚBLICA

Un dos grandes éxitos da Segunda República foi a súa aposta decidida polas escolas públicas. Un exemplo concreto podedes velo neste vídeo onde se glosa a vida da mestra Ernestina Otero.

3/2/15

NUBES DE EVOLUCIÓN



Neste trimestre, limos en clase o libro de Andrea Maceiras, Nubes de evolución.
É esta unha historia de amor, amizade, valentía, soños, soidade, desenganos, fracaso, medo, rebeldía, rutina e frío, moito frío. De contos que axudan a sobrevivir e de vidas que evolucionan, como as nubes.


25/1/15

A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL


A Revolución Industrial trouxo cambios importantes na vida de millóns de persoas. Moitas comezaron a traballar en fábricas e moitas delas eran nen@s. Nas primeiras fábricas inglesas eses nen@s eran menores de sete anos, obrigados a traballar entre doce e quince horas todos os días da semana. Non se alimentaban correctamente, estaban nun ambiente cheo de perigos e suciedade, non podían ir a escola nin xogar porque pasaban moitas horas no traballo.
Tedes máis información da Revolución Industial na ENTRADA que fixemos o curso pasado sobre este tema.

14/1/15

NUESTROS HAIKUS

Ya empezamos a ver los primeros resultados de nuestros haikus. Aquí tenéis los de cuarto PDC. No están nada mal...

13/1/15

POESÍA VISUAL: CHEMA MADOZ


Las fotografías del artista madrileño Chema Madoz (Premio Nacional de Fotografía en 2000)recogen imágenes extraídas de hábiles juegos de imaginación y son consideradas "poemas visuales".
Como los poetas, Madoz tiene la habilidad de hablar de mundos que están ahí, pero que solo él ve. Es capaz de remover lo banal y convertir lo gris en poesía, despertando así nuestra inteligencia. En su fotografía, nada es lo que parece, ya que se sitúa en la delicada frontera que existe entre lo real y lo imaginario, dando como resultado imágenes llenas de ironía, paradojas o sentido del humor.
Él mismo reconoce la proximidad de su obra al espíritu de los haikus japoneses: "Comparto con ellos la intención de transmitir cosas con lo mínimo posible".

10/1/15

EL HAIKU


En tercero de ESO y en cuarto PDC estamos conociendo mejor este tipo de poesía japonesa, el haiku. Tenéis información en esta presentación:



18/12/14

TRABALLAMOS O CUBISMO


AS VANGARDAS



O CUBISMO
Dentro dos principais movementos de vangarda de principios do século XX, destaca o cubismo. O cubismo pretende captar a realidade rompendo coa perspectiva clásica. Usa formas xeométricas para a representación dos obxectos, que deben ser reconstruídos mentalmente polo espectador, que os contempla desde distintos ángulos de visión. O emprego da colaxe (inclusión no cadro de anacos de papel, roupa etc.) é outra das súas técnicas. Os caligramas de Guillaume Apollinaire son a súa expresión literaria máis destacada. 

24/11/14

OS DEREITOS D@ NEN@

O Día Mundial da Infancia, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
Neste día, é mester chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infacia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e evolución.