27/6/14

E FESTA!

E o último día tivemos unha festa moi completiña, con música instrumental, monólogos, danza e cancións. Menudo nivel!




Bicos a tod@s, chic@s!!

21/6/14

DESPEDIDAS...


E sen case decatarnos, chegou a fin de curso e o momento das despedidas. Algúns volveremos en setembro para iniciar un novo curso, outros acabaron o ciclo e marchan. Estes momentos son emocionantes, pero tamén un pouco tristes... Para min é especial a despedida do grupo de PDC, co que compartín dous anos intensos de proxectos e traballo en equipo: contos, pancartas, murais, textos vangardistas, haikus, poesía visual, música, debuxo, entrevistas, planetas, debates... canto aprendín con vós! Deséxovos toda a sorte do mundo, oito magníficos!

7/6/14

CARAPUCHIÑA VERMELLA


Onte @s amig@s de quinto de primaria devolvéronnos a visita e trouxeron á nosa aula o conto de Carapuchiña vermella. Non faltou detalle: decorados, vestiario, narradores e actores e actrices. Todo marabilloso!
Según nos contaron despois, o aplauso escoitouse en todo o corredor...
GRAZAS!!

6/6/14

AS INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS



A instalación artística é un xénero da arte contemporánea que tomou forza a partir da década de 1960. As instalacións incorporan calquera medio para crear unha experiencia intensa nun ambiente determinado. Os artistas de instalacións usan, polo xeral, o espazo da exposición e a miúdo a obra é transitable polo espectador, que tamén pode interactuar con ela. Inclúe calquera medio, desde materiais naturais ata os máis novos medios de comunicación.
As instalacións en espazos naturais que incorporan a paisaxe como parte da obra inclúense no que se denomina Land Art ou arte da terra.


26/5/14

LEVAMOS O GUERNICA A PRIMARIA!


Hoxe foi para nós un día especial: estivemos en quinto de primaria explicando o Guernica. Que experiencia tan enriquecedora para tod@s!
É moi emocionante volver ao cole onde estudaches primaria e, para algúns, coa profe que tiveches como titora.
A nosa exposición tivo como obxectivo amosar o horror da guerra e o rexeitamento a calquera tipo de violencia, e para iso empregamos imaxes, palabras e música.
Os pequenos estiveron moi atentos e participativos, e as súas conclusións deixáronnos coa boca aberta. Así dá gusto!
  



Temos que dar as grazas á profe de quinto pola colaboración e o interese.
GRAZAS, MARÍA!

15/5/14

A QUE SABE A LÚA? II

Volvemos a infantil co noso conto...



Grazas a Natalia, a profe de catro anos, pola axuda e as fotos. A experiencia é enriquecedora para tod@s e seguro que volvemos noutra ocasión!

PALABRAS TABÚ Y EUFEMISMOS

Estas presentaciones para segundo de ESO explican, claramente y con ejemplos, qué son las palabras tabú y los eufemismos. Leedlas con calma y luego haced los ejercicios:




11/5/14

HOMENAXE ÁS VÍTIMAS


Guernica é un famoso cadro de Pablo Picasso pintado entre maio e xuño de 1937, a petición do Goberno da República Española. Rematada a Guerra e instaurada a ditadura de Franco, Picasso decidiu que o cadro permanecese en depósito no Museo de Arte Moderna de Nova York, aínda que expresou a súa vontade de que regresase a España cando se reinstaurase a democracia. Por fin, en 1981 o cadro foi entregado ao Goberno Español. Na actualidade pode contemplarse no Museo Reina Sofía de Madrid.
A obra é unha representación dos terribles sufrimentos da humanidade durante períodos de guerra, un berro a favor da paz.
No proxecto deste trimestre, o alumnado de PDC estudou esta obra e fixo unha réplica da figura que máis lle impactou. Mirade o resultado...

7/5/14

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


Nesta ligazón tedes información detallada da vida e obra do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro. Se vos fixades, estes días veredes polo Centro algúns dos seus versos...
Do blogue de Belén, Moradías do vento, collo prestadas unhas actividades para repasar a súa figura.
Este test e esta actividade LIM.
Neste vídeo do IES Díaz Castro de Guitiriz teredes oportunidade de coñecer o léxico da súa obra explicado polo alumnado.