16/3/13

TRABALLOS PARA A PRÓXIMA SEMANA


Xa sabedes que non estarei durante esta semana. Para que non me botedes moito de menos, estes son os traballiños que, na miña ausencia, teredes que facer nos días de clase na vosa libreta:
Para os de PDC: 
Despois de ler as páxinas 176 e 177, facede os exercicios 6 e 7. Inventade un diálogo entre un pai e un adolescente que non quere recoller o seu cuarto. Facede tamén unha descrición do voso cuarto.
Estudade as páxinas 200, 201, 202, 203, 204, 205 e 206 do libro de texto, facede un resumo (ben feito) e contestade ás preguntas 10, 11, 12, 14, 15, 16,17 e 19.
Estudade as páxinas 220, 221 e 222 do libro de texto, facede un resumo (ben feito) e contestade ás preguntas 4, 5 e 6. Facede tamén os exercicios 18 e 19 da páxina 224.
Andreina e Claudibel tedes que enviar ao meu correo (idenieves@yahoo.es) un traballo sobre as principais potencias industriais.
Para os terceiros A e B:
Repartide o traballo nos tres días: o primeiro día lede a páxina 96 do libro de texto e facede os exercicios 1, 2, 3, 5, 6, 7 da páxina 97.
O segundo día lede a páxina 116 e facede os exercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6, 8, 10, 11 da páxina 117.
O terceiro día lede a páxina 138 e facede os exercicios 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9 da páxina 139.
Pedirei estes exercicios o primeiro día de clase

8/3/13

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Adela Turín é unha historiadora da arte e escritora italiana, fundadora da editorial 
"Dalla parte delle bambine", onde publica
 libros a favor das nenas. 
Traducidos a varios idiomas e publicados en diferentes países, a maioría dos contos de Adela Turín, como Arturo y Clementina, Historia de los bonobos con gafas, Una feliz catástrofe, Rosa Caramelo, Cañones y Manzanas, Los gigantes orejudos, La chaqueta remendadaLas hierbas mágicas…, consérvanse frescos e de actualidade na defensa dunha educación máis igualitaria para as nenas e as mulleres.

Neste Día Internacional da muller, Rita Vázquez le para tod@s nós o conto Rosa Caramelo.

4/3/13

COMIDAS NO MOSTEIRÓN...


As comidas dos luns na sala de profesores do noso instituto xa teñen un novo aliciente!
A idea partiu de Ángeles, a profesora de Física, hai unhas semanas. A súa proposta era formar un club de lectura. O resto das "comilonas" (Josefa, Isabel, Rosa, Belén e Inés) aceptamos rapidamente, e xa ese mesmo día pensamos cal sería a primeira lectura: A cea, do escritor holandés Herman Koch.
A novela é moi interesante e presenta, entre outras reflexións, a idea de canto e que estamos dispostos a facer por amor aos fillos...


27/2/13

DISCRIMINACIÓN DE XÉNERO

No tema do sistema económico actual, da economía de mercado, falamos onte en PDC da incorporación da muller a todos os postos de traballo e a loita por eliminar as diferenzas salariais entre sexos.
Vimos na clase esta curta sobre a discriminación de xénero no traballo...

23/2/13

OS POETAS DE TERCEIRO


O alumnado de 3*PDC leu haikus, aprendeu a súa estrutura e características e fixo os seus propios poemas tomando como fonte de inspiración as súas fotografías favoritas de Chema Madoz. Aquí tedes o resultado: son ou non son poetas?

En aquel banco
sobre piedra tumbado
tan solitario
                                Sebastián Álvarez Moreno

Algunas puertas
abren caminos cortos
y otras largos
                       Bianca Santiago Taboada
           

Las dos cerezas
sobre ambos extremos
balanceándose
                            L. Claudibel Rodríguez


Dos direcciones
un único sentido
lazos atados 
                     Leticia Seijo Boado

Lo reservado
sale antes a la luz
la curiosidad
                                Cristian Roel Gómez

Paso a paso
las notas musicales
siguen tu ritmo
               Santiago da Quinta Romero






Una palabra
me dijo cosas de ti
que no sabía
                               Andreína Gómez Hernández


La rama muere
renacen sus cenizas
¡Pequeño árbol!
                         Alba Fernández Suárez 

20/2/13

OS POEMAS VISUAIS DE CHEMA MADOZ



As fotografías do artista madrileño Chema Madoz (Premio Nacional de Fotografía no 2000) recollen imaxes extraídas de hábiles xogos de imaxinación e son consideradas “poemas visuais”. Coma os poetas, Madoz ten  a habilidade de falar de mundos que están aí, pero que só el ve. É capaz de remexer o banal e convertir o gris en poesía, espertando así a nosa intelixencia. Na súa fotografía, nada é o que parece, xa que se sitúa na delicada fronteira que existe entre o real e o imaxinario, dando como resultado imaxes cheas de ironía, paradoxo ou sentido do humor.
El mesmo recoñece a proximidade da súa obra ao espírito dos haikus xaponeses: “Comparto con eles  a intención de transmitir cousas co mínimo posible”.

19/2/13

O HAIKU


En PDC estamos traballando esta semana cunha forma de poesía tradicional xaponesa: o haiku.
O haiku é un poema breve que consta de tres versos de cinco, sete e cinco sílabas, sen rima, e baséase no asombro e arroubo que produce no poeta a contemplación da natureza, da vida cotiá. O seu estilo é natural e sinxelo, sutil, austero, parécese ao que dicimos falando.
Na literatura galega temos moitos poetas do haiku: Uxío NovoneyraMarilar AleixandreXoán Abeleira...
Nesta presentación tedes máis información:


Pronto veredes os nosos haikus!