17/10/13

VISITA Á BIBLIOTECA RIALEDA


O próximo luns 28 de outubro, o alumnado de 2º de ESO realizará unha visita guiada á Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Está situada no edificio denominado Rialeda, catalogado como patrimonio histórico-artístico municipal, de estilo modernista racionalista, construído no ano 1912 e restaurado para biblioteca en 1998.
Nesta visita guiada coñeceremos o propio edificio, a clasificación dos fondos, a realización de buscas no catálogo... para rematar cunha sesión de contacontos sobre un texto de Álvaro Cunqueiro. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario