O venres 22 de novembro, o alumnado de segundo ciclo da ESO asistirá á representación teatral dunha versión de El Buscón, de Francisco de Quevedo.
A obra, adaptada por Daniel Pérez, escolle as pasaxes que mellor definen o personaxe nas súas principais aventuras.
O pícaro español, interpretado por Jacobo Dicenta, valerase de todo tipo de argucias co fin de obter diñeiro ou prestixio. Na obra estará acompañado polo laúde renacentista e a guitarra barroca de Dulcinea Juárez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario