31/1/14

VERBUM FARENHEIT


Verbum farenheit é a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delicto: ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios. Os lectores deben fuxir máis aló do mar, á terra dos homes libro, un lugar onde cada persoa toma o nome do libro que aprende e protexe a súa memoria.
Farenheit é un espectáculo interactivo baseado na novela Farenheit 451, que combina a narración, a música en directo e os monicreques e que amosa a importancia da oralidade para que unha lingua se manteña viva.
Verbum Farenheit está creado a partir de textos de autores da lusofonía como Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Manuel Rivas, Fernando Pessoa, Amalia Rodrigues, Martín Codax, Álvaro Cunqueiro ou Castelao. Desta maneira, o espectáculo constitúe unha homenaxe á nosa literatura e á nosa lingua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario