26/5/14

LEVAMOS O GUERNICA A PRIMARIA!


Hoxe foi para nós un día especial: estivemos en quinto de primaria explicando o Guernica. Que experiencia tan enriquecedora para tod@s!
É moi emocionante volver ao cole onde estudaches primaria e, para algúns, coa profe que tiveches como titora.
A nosa exposición tivo como obxectivo amosar o horror da guerra e o rexeitamento a calquera tipo de violencia, e para iso empregamos imaxes, palabras e música.
Os pequenos estiveron moi atentos e participativos, e as súas conclusións deixáronnos coa boca aberta. Así dá gusto!
  



Temos que dar as grazas á profe de quinto pola colaboración e o interese.
GRAZAS, MARÍA!

23 comentarios:

  1. Morro da envexa! Gústame moitisísimo esta actividade. Quería tela feito eu , pero xa que non se me ocorreu, non quero quedar sen aproveitarme dela. Quero que veñades tamén ás nosas clases de primeiro de ESO !!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este traballo non ten palabras para dicilo," encantoume". Espero que volvades outro día .Ata outra.

      Eliminar
  2. Gustoume moitímo esta experiencia, gustaríame volver a repetilo.

    Moitas grazas aos da ESO por mostrarnos o" Guernica "

    ResponderEliminar
  3. Ola, eu son unha nena de quinto e a experiencia pareceume moi interesante e divertida,a min encantoume e os rapaces foron moi bos e amables, se queren volver xa saben onde estamos.

    CARLA 5ºB

    ResponderEliminar
  4. Quero repetir, que guai!!!!!!!.Antón

    ResponderEliminar
  5. Pareceume unha experiencia fabulos,a aprendin moito

    Miguel Naya.

    ResponderEliminar
  6. Cando amosachedes O Guernica quedei moi sorprendida de todo o que traballastedes , moitas grazas por vir , paseino moi ben con vós.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. pra min tamen foi unha esperiencia moi chula e cando empezastes a facer preguntas e a responder as nosas quedei abraiada das cousas que contestabades sodes uns xenios

      gustoume moito como os postatedes e moitas grazas por todo

      Eliminar
  7. Encantoume a presentación,e como fixéstedes os debuxos.

    Nótase que o traballaches moito.

    Paula 5B

    ResponderEliminar
  8. Gustoume moito esta actividade.Encantaríame repetila . . Unai

    ResponderEliminar
  9. O Guernica gustoume moito, gustariame ver outra vez aquela fermosa exposición.
    Grazas Inés e alumnos.

    ResponderEliminar
  10. Non estiven na miña clase de 5,pero me gustou moito o video que vin do Guernica e tamén onde saian os meus compañeiros e compañeiras e vos os da ESO ¡Moitas grazas!

    ResponderEliminar
  11. Non estiven pero pareceume unha cousa ben interesante.Alégrame ter visto os vídeos.Moitas grazas por colgalos.

    ResponderEliminar
  12. Gustome o Guernica, rapaces de 4º daeso

    ResponderEliminar

  13. O primeiro de todo moitas grazas aos que foron meus alumnos por acordarse de
    min.A actividade foi preciosa, orixinal e moi creativa, sodes uns artistas .Aos meus alumnos encantoulle e viaxaron da vosa man por un cadro tan impresionante como o Guernica .Seguro que cando teñan ocasión de velo en directo non lles pasará inadvertido .Bicos e ata pronto.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que ben están estas actividades de colaboración entre primaria e secundaria! Aprendemos moito e ademais disfrutamos. Agora esperamos ansios@s a vosa visita!

      Eliminar
  14. Encantoume a visita,aprendín moito,sempre lembrarei esta visita.

    ResponderEliminar
  15. Ola,eu son un alumno de 5º,gustoume un montón o voso traballo,espero que veñades o curso próximo.
    Adeus.

    Jorge Carmona

    ResponderEliminar
  16. Estou seguro que detrás de todo isto hai moitísimo traballo Foi unha experiencia moi divertida.

    ResponderEliminar
  17. Saiu mellor do que pensaba, espero que fagamos moitas actividades xuntos .UN bico de parte dos de quinto de primaria chaaaaaooooo.

    ResponderEliminar
  18. moitas grazas eu tamen quedei moi abraiada de como respondiades a todas as nosas pregfuntas e da bosa imaxinacion que me fixo ver cousas que non poderia haber visto sen que bos mo dixerades
    estou encantada de como os postastes todos
    moitas grazas a todos polo voso tempo

    ResponderEliminar
  19. Grazas, chic@s, polos vosos comentarios! Sodes un grupo fabuloso! :)

    ResponderEliminar