Fun a profesora de Martín hai máis de vinte anos e, con algunhas interrupcións, seguín a súa andaina persoal e profesional con emoción e orgullo. Por iso, contar con el no noso instituto para que pasado o tempo sexa o mestre dos meus alumnos é unha grandísima satisfacción.
Xa comprobastes que ten moito que ensinarnos, e non só de tenis. As charlas con Martín convértense en auténticas leccións de vida, de prudencia, de seguridade, de forza de vontade, de optimismo, de sentido do humor, de respecto, de xenerosidade e de agradecemento. Martín é un bo representante do que falamos na clase, iso do "carpe diem" tan presente nos séculos XVI e XVII. Disfruta a vida que lle tocou e saca positivo da adversidade, facendo da súa "discapacidade" un trampolín profesional e persoal, unha porta á felicidade. Grazas outra vez, Martín!
AQUÍ tedes o enlace ao vídeo de quad tenis que vos recomendou, impresionante!