Fun a profesora de Martín hai máis de vinte anos e, con algunhas interrupcións, seguín a súa andaina persoal e profesional con emoción e orgullo. Por iso, contar con el no noso instituto para que pasado o tempo sexa o mestre dos meus alumnos é unha grandísima satisfacción.
Xa comprobastes que ten moito que ensinarnos, e non só de tenis. As charlas con Martín convértense en auténticas leccións de vida, de prudencia, de seguridade, de forza de vontade, de optimismo, de sentido do humor, de respecto, de xenerosidade e de agradecemento. Martín é un bo representante do que falamos na clase, iso do "carpe diem" tan presente nos séculos XVI e XVII. Disfruta a vida que lle tocou e saca positivo da adversidade, facendo da súa "discapacidade" un trampolín profesional e persoal, unha porta á felicidade. Grazas outra vez, Martín!
AQUÍ tedes o enlace ao vídeo de quad tenis que vos recomendou, impresionante!
moitas gracias Martín por ensinarnos que a pesar dalguns obstáculos na vida, sempre hai que erguerse e seguir adiante cun soriso
ResponderEliminarGrazas un saúdo
Yulisa
Querote dar as grazas por habernos hablado da tua propia historia fixome ver as cousas de outro modo . Samuel Ruibal
ResponderEliminarÉ un dos mellores exemplos de superación sen dubida!! Grazas Martin por volver o instituto para ensinarnos que o realmente importante na vida é ser feliz.
ResponderEliminarPaula Pacheco Romay