Esta semana despedimos a Tamara, a nosa profe de prácticas. Estivo con nós este último mes e tamén uns días en decembro.
Tamara foi alumna de Mosteirón e eu tiven a sorte de ser a súa profesora. Digo sorte porque Tamara é desas alumnas que deixan pegada: traballadora, intelixente, participativa, interesada...
Agora, despois dos anos, volve ao instituto como profesora. Para min é motivo de orgullo presenciar a súa evolución e é tamén unha satisfacción poder participar outra vez na súa formación, desta vez como compañeira.
O alumnado quedou encantado coa súa docencia e co trato cariñoso que tivo con tod@s.
Ímola botar de menos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario