22/10/12

A IMPRENTA

O outro día falabamos na clase da importancia que tivo para a cultura a invención da imprenta, lembrádesvos?
Diciamos que ata mediados do século XV os libros se difundían por copias manuscritas de monxes e frades que o facían por encargo dos nobres. Como as ilustracións e a decoración das letras maiúsculas eran produto artístico do propio copista (segundo o seu gusto ou visión), cada traballo podía levar varios anos.
Aínda que na Alta Idade Media empezou a usarse a xilografía, foi Johannes Gutenberg o primeiro que confeccionou moldes de madeira de cada unha das letras do alfabeto e logo encheu os moldes con ferro, creando os primeiros "tipos móbiles". Tivo que facer varios modelos das mesmas letras para que coincidisen todas con todas, en total máis de 150 tipos, imitando perfectamente a escritura dun manuscrito. 

   

Como podedes imaxinar, este invento supuxo unha revolución na difusión de información e coñecementos,  pois os libros empezaron a imprimirse en grandes cantidades. Foi clave na evolución da cultura universal.

4 comentarios:

  1. Que interesante!
    Sempre que escoito ou leo sobre os inicios da imprenta, penso a mala sorte que tivo o idioma galego, que non se beneficiou deste grande invento imprescindible para "democratizar" a cultura. O galego xa perdera protagonismo e os libros editados en Galicia estaban só en castelán ou en latín.

    ResponderEliminar
  2. Gran comentario,primero en comentaaaar!

    ResponderEliminar