28/10/12

ATA QUE O SAIBAS TODO


Nesta lectura de Juan Kruz Igerabide que vai facer o  noso alumnado de 3* PDC, coñeceremos a historia de Esther, unha nena cega cuxo pai é detido como sospeitoso dun desfalco millonario no banco onde traballa. A súa nai tamén é buscada pola policía como cómplice. Nos peores días da vida de Esther, alumna nun instituto do País Vasco, os seus amigos de clase convértense nos seus mellores aliados para superar o mal trago e os seus compañeiros de aventuras detectivescas para descubrir os culpables do delicto e demostrar a inocencia dos pais da nosa protagonista.

Este libro tivo moito éxito no curso pasado. A ver que vos parece!

2 comentarios: