O planeta Terra está formado por auga e terra a partes desiguais, xa que case tres cuartas partes do noso planeta están cubertas por auga. A parte correspondente ás terras emerxidas divídese en seis continentes: Europa, Asia, África, América, Oceanía e A Antártida. Cada un deles caracterízase polos seus propios espazos xeográficos naturais.
As augas mariñas distribúense entre mares e océanos (inmensas extensións de auga salgada que cobren a superficie terrestre): Pacífico, Atlántico, Índico, Glacial Ártico e Glacial Antártico.
O alumnado de 3ºPDC realizou na parede da súa aula este mapa físico do mundo como proxecto de fin de trimestre.
Quedou ben, non si?
Que traballo tan chulo! Parabéns a profe e alumnado.
ResponderEliminarGrazas, Belén!
ResponderEliminarAínda quedan detalles por facer...
Menudo bo xeito de mellorar a parede, pasar o rato, aprender cousas e decorar ao tempo. Parabéns. Boa idea e bo traballo.:-)
ResponderEliminarGrazas, Sabela ;)
ResponderEliminar