20/2/13

OS POEMAS VISUAIS DE CHEMA MADOZ



As fotografías do artista madrileño Chema Madoz (Premio Nacional de Fotografía no 2000) recollen imaxes extraídas de hábiles xogos de imaxinación e son consideradas “poemas visuais”. Coma os poetas, Madoz ten  a habilidade de falar de mundos que están aí, pero que só el ve. É capaz de remexer o banal e convertir o gris en poesía, espertando así a nosa intelixencia. Na súa fotografía, nada é o que parece, xa que se sitúa na delicada fronteira que existe entre o real e o imaxinario, dando como resultado imaxes cheas de ironía, paradoxo ou sentido do humor.
El mesmo recoñece a proximidade da súa obra ao espírito dos haikus xaponeses: “Comparto con eles  a intención de transmitir cousas co mínimo posible”.

2 comentarios:

  1. Gústanme moito os dous poemas visuais que puxeches. O da sombra da culler está cheo de misterio e resulta moi suxestivo . E se un día descubrísemos que a nosa sombra é diferente a nós mesmos? Podería nacer algún microrrelato de aí non?

    ResponderEliminar