16/3/13

TRABALLOS PARA A PRÓXIMA SEMANA


Xa sabedes que non estarei durante esta semana. Para que non me botedes moito de menos, estes son os traballiños que, na miña ausencia, teredes que facer nos días de clase na vosa libreta:
Para os de PDC: 
Despois de ler as páxinas 176 e 177, facede os exercicios 6 e 7. Inventade un diálogo entre un pai e un adolescente que non quere recoller o seu cuarto. Facede tamén unha descrición do voso cuarto.
Estudade as páxinas 200, 201, 202, 203, 204, 205 e 206 do libro de texto, facede un resumo (ben feito) e contestade ás preguntas 10, 11, 12, 14, 15, 16,17 e 19.
Estudade as páxinas 220, 221 e 222 do libro de texto, facede un resumo (ben feito) e contestade ás preguntas 4, 5 e 6. Facede tamén os exercicios 18 e 19 da páxina 224.
Andreina e Claudibel tedes que enviar ao meu correo (idenieves@yahoo.es) un traballo sobre as principais potencias industriais.
Para os terceiros A e B:
Repartide o traballo nos tres días: o primeiro día lede a páxina 96 do libro de texto e facede os exercicios 1, 2, 3, 5, 6, 7 da páxina 97.
O segundo día lede a páxina 116 e facede os exercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6, 8, 10, 11 da páxina 117.
O terceiro día lede a páxina 138 e facede os exercicios 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9 da páxina 139.
Pedirei estes exercicios o primeiro día de clase

8/3/13

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Adela Turín é unha historiadora da arte e escritora italiana, fundadora da editorial 
"Dalla parte delle bambine", onde publica
 libros a favor das nenas. 
Traducidos a varios idiomas e publicados en diferentes países, a maioría dos contos de Adela Turín, como Arturo y Clementina, Historia de los bonobos con gafas, Una feliz catástrofe, Rosa Caramelo, Cañones y Manzanas, Los gigantes orejudos, La chaqueta remendadaLas hierbas mágicas…, consérvanse frescos e de actualidade na defensa dunha educación máis igualitaria para as nenas e as mulleres.

Neste Día Internacional da muller, Rita Vázquez le para tod@s nós o conto Rosa Caramelo.

4/3/13

COMIDAS NO MOSTEIRÓN...


As comidas dos luns na sala de profesores do noso instituto xa teñen un novo aliciente!
A idea partiu de Ángeles, a profesora de Física, hai unhas semanas. A súa proposta era formar un club de lectura. O resto das "comilonas" (Josefa, Isabel, Rosa, Belén e Inés) aceptamos rapidamente, e xa ese mesmo día pensamos cal sería a primeira lectura: A cea, do escritor holandés Herman Koch.
A novela é moi interesante e presenta, entre outras reflexións, a idea de canto e que estamos dispostos a facer por amor aos fillos...