Xa sabedes que non estarei durante esta semana. Para que non me botedes moito de menos, estes son os traballiños que, na miña ausencia, teredes que facer nos días de clase na vosa libreta:
Para os de PDC:
Despois de ler as páxinas 176 e 177, facede os exercicios 6 e 7. Inventade un diálogo entre un pai e un adolescente que non quere recoller o seu cuarto. Facede tamén unha descrición do voso cuarto.
Estudade as páxinas 200, 201, 202, 203, 204, 205 e 206 do libro de texto, facede un resumo (ben feito) e contestade ás preguntas 10, 11, 12, 14, 15, 16,17 e 19.
Estudade as páxinas 220, 221 e 222 do libro de texto, facede un resumo (ben feito) e contestade ás preguntas 4, 5 e 6. Facede tamén os exercicios 18 e 19 da páxina 224.
Andreina e Claudibel tedes que enviar ao meu correo (idenieves@yahoo.es) un traballo sobre as principais potencias industriais.
Para os terceiros A e B:
Repartide o traballo nos tres días: o primeiro día lede a páxina 96 do libro de texto e facede os exercicios 1, 2, 3, 5, 6, 7 da páxina 97.
O segundo día lede a páxina 116 e facede os exercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6, 8, 10, 11 da páxina 117.
O terceiro día lede a páxina 138 e facede os exercicios 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9 da páxina 139.
Pedirei estes exercicios o primeiro día de clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario