4/3/13

COMIDAS NO MOSTEIRÓN...


As comidas dos luns na sala de profesores do noso instituto xa teñen un novo aliciente!
A idea partiu de Ángeles, a profesora de Física, hai unhas semanas. A súa proposta era formar un club de lectura. O resto das "comilonas" (Josefa, Isabel, Rosa, Belén e Inés) aceptamos rapidamente, e xa ese mesmo día pensamos cal sería a primeira lectura: A cea, do escritor holandés Herman Koch.
A novela é moi interesante e presenta, entre outras reflexións, a idea de canto e que estamos dispostos a facer por amor aos fillos...


4 comentarios: