4/6/15

POP ART EN PDC


O Pop Art caracterízase polo emprego de imaxes e temas tomados da sociedade de consumo e da comunicación de masas para aplicalos á arte.
A Arte Pop, como o seu nome indica “Arte Popular”, toma do pobo os intereses e a temática. Usa imaxes coñecidas, pero dándolles un sentido diferente para crear unha estética ou acadar unha postura crítica coa sociedade de consumo.
O Pop é un estilo de vida, a manifestación dunha cultura caracterizada polo tecnoloxía, a democracia, a moda e o consumo, onde os obxectos deixan de ser únicos para producirse en serie. Valense de obxectos industriais, de carteis, de artigos para o consumo comercial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario