Para completar o noso proxecto de estudo sobre o Pop Art, hoxe estivemos en sexto de primaria.
Saray fixo unha presentación sobre este movemento, Adrián falou de Andy Warhol e Nancy de Roy Lichtenstein. O resto dos compañeiros falaron das obras que tiñan preparadas.
Con este alumnado de sexto da gusto traballar. Son moi participativos e amosan interese por todo! Grazas, rapazada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario