14/11/15

LA CELESTINA


O alumnado de segundo ciclo gozou hoxe no Fórum Metropolitano dunha particular adaptación de La Celestina, a obra de Fernando de Rojas. CTC Producciones amosa esta versión na que Celestina se converte en xograresa para contar a historia de Calisto e Melibea en clave traxicómica, botando man de máscaras e monicreques para representar aos namorados e aos criados, aos personaxes da clase alta e a baixa, manexados, manipulados por ela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario