21/10/15

15/10/15

TEATRO!!


Hoxe fun ao teatro na mellor compañía.
Conteille ao alumnado de cuarto que no teatro Colón representaban La vida es sueño a cargo da compañía de teatro afeccionado Jueves Te-Antro. Once alumnos voluntarios e entusiastas viñeron comigo, pola tarde e desde Sada, a gozar desta interpretación do clásico de Calderón adaptado aos tempos actuais. 
O básico estaba aí: manipulación, medo, violencia, soidade, poder, dor, engano, vinganza... 
Todos saímos encantados, pero seguro que a máis contenta son eu. Xa digo, a mellor compañía.
(Grazas tamén a estas catro familias que puxeron os seus coches e o seu tempo ao servizo da cultura).

23/9/15

EVOLUCIÓN LINGÜÍSTICA DE LA PENÍNSULA IBÉRICA



Antes de la llegada de los romanos, en la península Ibérica habitaban los pueblos prerromanos: íberos, tartesos, celtas, fenicios, griegos...
Las lenguas de estos pueblos desaparecieron con la llegada del latín. Sólo han permanecido algunos restos, lo que se llama sustrato.
La colonización romana tiene lugar a partir del año 218 a. C. e impone el latín en todos los ámbitos, relegando las lenguas prerromanas al uso familiar y finalmente a su desaparición. Sólo la lengua vasca resiste esta romanización. 
En el siglo V los suevos, vándalos, alanos y visigodos invaden Hispania y se establecen en ella, adoptando también el latín e incorporándole sus peculiaridades, provocando una aceleración en el nacimiento de las lenguas romances.
La llegada de los árabes en 711 marcará un periodo de intercambio cultural y de desarrollo de las lenguas románicas.
Los pueblos cristianos ubicados en el norte inician la expansión de su territorio y de su lengua: en diferentes comunidades se originará el gallego-portugués, astur-leonés, castellano, navarro-aragonés y catalán. En la zona árabe se desarrollan los dialectos mozárabes.

10/6/15

LEVAMOS O POP ART A PRIMARIA


Para completar o noso proxecto de estudo sobre o Pop Art, hoxe estivemos en sexto de primaria. 
Saray fixo unha presentación sobre este movemento, Adrián falou de Andy Warhol e Nancy de Roy Lichtenstein. O resto dos compañeiros falaron das obras que tiñan preparadas.
Con este alumnado de sexto da gusto traballar. Son moi participativos e amosan interese por todo! Grazas, rapazada!

4/6/15

POP ART EN PDC


O Pop Art caracterízase polo emprego de imaxes e temas tomados da sociedade de consumo e da comunicación de masas para aplicalos á arte.
A Arte Pop, como o seu nome indica “Arte Popular”, toma do pobo os intereses e a temática. Usa imaxes coñecidas, pero dándolles un sentido diferente para crear unha estética ou acadar unha postura crítica coa sociedade de consumo.
O Pop é un estilo de vida, a manifestación dunha cultura caracterizada polo tecnoloxía, a democracia, a moda e o consumo, onde os obxectos deixan de ser únicos para producirse en serie. Valense de obxectos industriais, de carteis, de artigos para o consumo comercial.