Dor de rosa é unha antoloxía de contos nos que a imaxinación e a realidade mergúllanse de tal xeito que non sabemos distinguir unha da outra. O autor trata temas cotiáns como o amor, a timidez, os encontros e desencontros amorosos... Os personaxes viven situacións inverosímiles, ou quizais non tanto: un escritor é atizado por unha señora cun anaco de realidade porque considera que non trata ben os rapaces nos seus escritos; un home ao que se lle cae o sol enriba e lle corta unha orella, pasa a ser considerado un heroe polo gremio de candeas, pilas, lanternas e farois; un señor, ao que da ducha lle saen "chompróns" e o fontaneiro págalle a el, pois así o ditan os estatutos do gremio; o atracador que só dispón dunha pistola de chocolate... e moitos máis son os personaxes fantásticos -no dobre sentido do termo- desta antoloxía de contos do escritor Pep Albanell.
No hay comentarios:
Publicar un comentario