Hoxe tivemos con nós, no espazo cinema do instituto, á escritora pontevedresa Fina Casalderrey. O alumnado de terceiro lera varios libros dela e tiña moito interese en coñecela.
A autora falou da súa infancia, dos seus pais, da escola, dos fillos, da lingua, dos contos, do poder da palabra... con tanta emoción que algúns tivemos que disimular as bágoas... A visita resultou curta, Fina tiña moito que contar e nós moito que preguntar e que tivo que quedar para outra ocasión.
Foi unha visita emotiva e cargada de leccións de vida.
ResponderEliminarDesas que quedan no recordo.
EliminarGrazas, Belén, por facer posible esta visita. :)
Que buena parece María
ResponderEliminarPorque é moi boa!
ResponderEliminar