Do blogue de Belén, Moradías do vento, tomamos este traballo sobre o libro de Fina Casalderrey, A lagoa das nenas mudas.
SOBRE ESTE LIBRO DEBERÁS REALIZAR AS SEGUINTES CUESTIÓNS, CON REDACCIÓN PROPIA E BOA PRESENTACIÓN.
DEBERÁS ENTREGAR O TRABALLO O DÍA 22 DE MAIO.
O BÁSICO SOBRE O LIBRO:
- Busca información sobre a autora do libro. Non se trata de copiar unha biografía extensa senón de dar os datos básicos (data e lugar de nacemento, profesión, obras publicadas, premios recibidos, actividades que desenvolve…)
- Fai un resumo do libro, que non che ocupe máis de dúas páxinas, contando o principal do seu argumento (non uses o procedemento de cortar e pegar. É fundamental que haxa redacción propia).
- Identifica quen conta a historia e comenta se hai algún caso no que haxa cambios de narrador.
- Recolle información sobre os personaxes do libro explicando brevemente como son.
- Elabora un vocabulario de dúbidas persoais. Escribe o significado de dez palabras que non coñeceses ou que che fosen pouco familiares. Trata de aprendelas.
6. Cando Amina escribe ao seu amigo Edu, fálalle de cousas que entre nós son comúns coma se se tratase de algo extraordinario. Isto é o que
acontece cando lle fala da calefacción ou da sensación de frío, de poder saír á
rúa sen medo a ser repatriada, etc. Busca ti outras cousas do mesmo tipo.
- Le detidamente a discusión sobre as linguas que se establece na clase de Sara. Explica en que consiste e que argumentos se empregan para defender cada postura.
- Cando Amina escribe, despídese dunha maneira especial. Revisa como é e escribe ti varias despedidas do mesmo tipo tal e como as fariamos nós en Galicia.
- Ás veces somos tan crueis como Severo ou Valentín. Outras, somos valentes coma todas esas rapazas que deciden manifestarse e solidarizarse con Amina. Escribe algunha situación na que vises comportamentos semellantes. «As palabras tamén poden ser pedras que feren profundamente», explica por que o titor do curso di esta frase. Logo trata de lembrar algunha experiencia ou imaxinar situacións nas que isto sexa así.
- Identifica algún feito narrado no libro que denote racismo ou discriminación dalgún tipo.
- Escribe en poucas liñas a historia que se agacha detrás do trauma de Ío (tes que imaxinala ti co que deduzas da lectura do libro).
- Escríbelle unha nota a escritora expresándolle a túa opinión sobre a obra.
- Pensa nalgunha pregunta que che gustaría facerlle a Fina Casalderrey e escríbea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario