Hoxe acudimos ao Forum Metropolitano para ver a obra dirixida e interpretada por Cándido Pazó, Decamerón, historias para tempos ruíns.
Nesta ocasión, o actor realiza unha viaxe no tempo de sete séculos atrás para situarse como cronista nunha Florencia asolada pola enfermidade, narrando os contos con fidelidade aos textos pero sen abandonar o seu estilo persoal na forma de narrar e de buscar a complicidade co espectador: "Existe un paralelismo entre a peste bubónica e a actual peste económica, de aí o de Historias para tempos ruíns. Fuxir non é a solución, pero imos descansar un momento desta zozobra e recuperar forzas".
Buscade información e contestade no blogue:
En que obra de 1348 se basea esta representación de Cándido Pazó?
Cal é o seu autor?
Por que se titula así?
Resume un dos contos da obra (dos que contou Cándido Pazó ou outro que encontredes)







