29/11/12

GRÁFICA DE POBOACIÓN

A poboación actual galega caracterízase por un avellentamento progresivo causado por unha taxa de natalidade moi baixa e unha taxa de mortalidade estacionaria. A media é de 1,5 fillos por muller.
O alumnado de PDC fixo unha enquisa entre todas as clases do instituto para saber se O Mosteirón está nesta media. Mirade o resultado:


Xa vedes, no noso centro predominan as familias de dous fillos, seguidas polas de tres, un e máis de tres. Estamos por enriba da media... Temos un resultado de 2,3 fillos por familia. Os motivos poden ser que a distribución da poboación é desigual, xa que as zonas costeiras están máis habitadas, e que nas comarcas litorais e nas cidades a densidade aumenta.

26/11/12

CANTAR DE MIO CID

Los cantares de gesta son poemas épicos que narran hazañas protagonizadas por caballeros medievales elevados a la categoría de héroes. El único cantar de gesta castellano que se conserva prácticamente completo es el Cantar de Mio Cid, del que hoy comenzamos a hablar en clase.
Es interesante, para profundizar en su estudio, que repasemos unas cuestiones históricas sobre la Edad Media respondiendo a estas preguntas. 
Para conocer mejor el CMC debéis hacer este ejercicio, éste y éste.
No olvidéis copiar las respuestas correctas en vuestro cuaderno.

23/11/12

VOLVEMOS AO TEATRO...


Hoxe acudimos ao Forum Metropolitano para ver a obra dirixida e interpretada por Cándido Pazó, Decamerón, historias para tempos ruíns.
Nesta ocasión, o actor realiza unha viaxe no tempo de sete séculos atrás para situarse como cronista nunha Florencia asolada pola enfermidade, narrando os contos con fidelidade aos textos pero sen abandonar o seu estilo persoal na forma de narrar e de buscar a complicidade co espectador: "Existe un paralelismo entre a peste bubónica e a actual peste económica, de aí o de Historias para tempos ruíns. Fuxir non é a solución, pero imos descansar un momento desta zozobra e recuperar forzas".
Buscade información e contestade no blogue:
En que obra de 1348 se basea esta representación de Cándido Pazó?
Cal é o seu autor?
Por que se titula así?
Resume un dos contos da obra (dos que contou Cándido Pazó ou outro que encontredes)

21/11/12

E A IMPROVISACIÓN TEATRAL?


A improvisación teatral é un espectáculo no que o público é o guionista. Parte  da habilidade de contar historias que se crean e desenvolven no instante mesmo de actualas, como un produto terminado no que os intérpretes e o público van desvelando a trama dunha historia que cobra vida no escenario. As historias contadas son irrepetibles.
A improvisación teatral, tamén coñecida como "Impro", fai que o improvisador en escena sexa, ao mesmo tempo, actor, director, escenógrafo e dramaturgo da súa propia historia.

20/11/12

MOVEMENTOS MIGRATORIOS

Falabamos hoxe en clase de PDC dos movementos migratorios: desprazamentos de persoas que cambian o seu lugar de residencia.  Este cambio pode ser permanente ou temporal, interior ou exterior e voluntario ou forzoso.
Neste vídeo tedes moita da información que xa vimos. Facede un resumo detallado e colgádeo como comentario. 

16/11/12

QUE BEN O PASAMOS!!

Grazas á organización do Departamento de Lingua castelá e Literatura, hoxe, por fin, estivemos en La Tuerka 27 co alumnado de segundo ciclo. Disfrutamos de  tres actores e de catro pezas (Piso 57, Cleopatra, Macareno e Torquemada) moi distintas e con temas de triste actualidade: as consecuencias da crise, o acoso escolar, a violencia de xénero, os prexuízos pola orientación sexual... case todo en clave de comedia, aínda que con sabor agridoce. Teño a sensación de que foi un éxito, pero aquí o principal é a vosa valoración.
Que opinades do formato?(obras breves, duns quince minutos de duración)
Cal credes que é o tema de cada peza e que vos parece a forma de desenvolvelo?
Cal foi a obra que máis vos gustou e por que?
Valoración xeral da saída. Queredes volver?


As fotos son moi malas... síntoo!

PALABRAS INVARIABLES

Las palabras invariables son aquellas que no cambian de forma y por tanto no varían en  género ni número. Pertenecen a este grupo los adverbios, las preposiciones, las conjunciones y las interjecciones.
En la siguiente presentación tenéis información que os ayudará a hacer estos ejercicios para el lunes: completar oraciones con adverbios y uso de las preposiciones.

                                     

Como siempre, debéis copiar las respuestas correctas en vuestros cuadernos.

10/11/12

IMOS AO TEATRO!

Esta semana, o alumnado de segundo ciclo vai asistir á sala La Tuerka 27 para disfrutar  de catro pezas de microteatro.