29/11/12

GRÁFICA DE POBOACIÓN

A poboación actual galega caracterízase por un avellentamento progresivo causado por unha taxa de natalidade moi baixa e unha taxa de mortalidade estacionaria. A media é de 1,5 fillos por muller.
O alumnado de PDC fixo unha enquisa entre todas as clases do instituto para saber se O Mosteirón está nesta media. Mirade o resultado:


Xa vedes, no noso centro predominan as familias de dous fillos, seguidas polas de tres, un e máis de tres. Estamos por enriba da media... Temos un resultado de 2,3 fillos por familia. Os motivos poden ser que a distribución da poboación é desigual, xa que as zonas costeiras están máis habitadas, e que nas comarcas litorais e nas cidades a densidade aumenta.

2 comentarios: