27/10/14

POESÍA NO MOSTEIRÓN

Hoxe, grazas a Belén, disfrutamos no insti dunha hora de poesía, música e creación da man de dúas artistas, Lucía Aldao e María Lado. Con elas constatamos que a poesía está en todas partes, só temos que abrir os ollos e mirar.




CORUÑA RABUÑA, PUEBLO INCULTO Y MAJADERO

Pelirroja Merchi:
Coruña xa non é o mesmo antro dende que desapareciches.
Eu entendo que borrasen aquela de
TANIA AGRA ES UNA CHUNGA,
Incluso aquela declaración de intencións que berraba:
XQ LE DICEN TONTOLCULO Y NO DEL HÍGADO O DEL PANCRAS?
nalgún muro das rúas do centro …
pero o do teu non ten nome.

Ti, hedonista onanista
que máis disfrutabas canto peor estaba de quen te rodeabas,
muller bandeira pirata que recoñeciches
GALIZA-NAGORNO KARABAKH, A MESMA LOITA.

Pelirroja Merchi da Coruña, CIUDAD BONITA DE NOCHE Y DE DÍA
FUMANDO COSTO Y MARÍA,
exiliada casualmente na mesma época na que o outro marchou ó Vaticano…
Gústame imaxinarte fresca polos teitos da Basílica,
coa túa espada de Edding
escribindo KILL VIGO
ou COMO PUEDE UN REPARTIDOR DE MADALENAS LLEGAR A ALCALDE?.

Quen sabe se estará contigo Clemente.
Ninguén máis no barrio dos Mallos foi quen acadar o estatus de
CHIVATA, DROGADITO E MARICONA despois de ti.

Que fai o Che Guevara en Oleiros?
Que fai John Lennon en Mendez Nuñez?
A QUIEN QUIERES MÁS?:
Opción A: ELLA
Opción B: YO
(marque con una cruz)
RECOJAN TO
DAS LAS CACAS DE SU
S PERROS.

STOP AO PATRIARDO.
TE QUIERO, O SEA, TE AMO.

E para rematala, dende o recuncho de tantos magreos:
AQUÍ TE PUSE LOS CUERNOS.

2 comentarios:

  1. Con estas mulleres actuando por aí, ninguén se atreverá a dicir que a poesía é aburrida , verdade?.
    Por certo, eu non coñecía a pintada da "pelirroja Merchi", róubocha para poñela tamén no meu blogue.

    ResponderEliminar
  2. A pintada estivo moitos anos nunha esquina da rúa Orillamar, na Coruña.
    Seguindo esta idea, @s alumn@s de PDC teñen como tarefa desta ponte fotografar frases inspiradoras de portas ou paredes... a ver que sae de aí...

    ResponderEliminar