Sebastián fixo onte unha interesante achega ao tema de Ámbito que estamos a traballar neste trimestre: as ONG, o traballo colaborativo, a solidariedade, a cooperación internacional... Amosounos unha fundación musical que ten como obxectivo promover a paz no mundo a través da música, coa idea de que a música desarma fronteiras e axuda a superar as nosas diferenzas.
Chámase Playing for change e dedícase a reunir, gravar e filmar músicos de diferentes culturas. Tamén traballa desde 2008 na construción de escolas de música en todo o planeta. Na actualidade teñen sete escolas e programas educativos de música.
En clase vimos varios vídeos, pero este de Colombia gustounos especialmente.