O Departamento de Lingua Galega organizou esta semana un roteiro rosaliano para terceiro de ESO. Visitamos na aldea da Matanza a Casa Museo de Rosalía de Castro, o cemiterio de Adina (onde estivo soterrada cinco anos) e o monumento a Rosalía en Padrón. En Santiago de Compostela coñecimos o Museo do Pobo Galego, o Panteón de Galegos Ilustres (onde repousan os restos da poeta) e o monumento homenaxe a Rosalía no paseo da Ferradura.
En todas estas visitas, o alumnado recitou e comentou poemas da autora.
Grazas a tod@s por facernos pasar un día tan agradable.
Que ben están as fotos! Grazas, compañeira, por poñelas no teu circunstancial.
ResponderEliminarJaja. @s model@s son de primeira!
Eliminar