27/4/13

PLAYING FOR CHANGE

Sebastián fixo onte unha interesante  achega ao tema de Ámbito que estamos a traballar neste trimestre: as ONG, o traballo colaborativo, a solidariedade, a cooperación internacional... Amosounos unha fundación musical que ten como obxectivo promover a paz no mundo a través da música, coa idea de que a música desarma fronteiras e axuda a superar as nosas diferenzas.  
Chámase Playing for change e dedícase a reunir, gravar e filmar músicos de diferentes culturas. Tamén traballa desde 2008 na construción de escolas de música en todo o planeta. Na actualidade teñen sete escolas e programas educativos de música.
En clase vimos varios vídeos, pero este de Colombia gustounos especialmente.

2 comentarios:

  1. Inés ,
    Aportar: chegar a porto
    Achegar: contribuír
    Aportación* debe cambiarse por achega, contribución...
    Bicos, guapa.
    Está moi ben iso de que a música destrúe fronteiras!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mil grazas, Belén, por estar aí para axudar!
      Que sería de min se non tivera as túas achegas! ;)

      Eliminar