26/4/13

A LAGOA DAS NENAS MUDAS, FINA CASALDERREY


A lectura para o terceiro trimestre de PDC vai ser esta obra de Fina Casalderrey.
Amina é unha nena nixeriana que, tras obter o permiso de residencia, comeza a ir á escola. Esta é a historia do que sucede neses primeiros tempos, da relación cos profesores, cos compañeiros e especialmente con Ío, unha pequena que ten problemas para comunicarse pero non para sentir e ser quen de acollela. O continente africano e a inmigración aparecen reflectidos grazas á protagonista. Espertan os medos ao diferente e os prexuízos, pero tamén os sentimentos de solidariedade e a amizade entre as dúas rapazas.
As cartas que esta nena dirixe ao seu curmán e que forman parte do relato amósannos esta realidade, a nosa, vista por alguén que chega de lonxe, as súas percepcións e sentimentos, o que bota de menos e como se vai afacendo a estar entre nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario