13/4/13

ORGANIZACIÓN NON GUBERNAMENTAL



Unha Organización Non Gubernamental (ONG) é unha entidade de tipo privado que ten fins e obxectivos humanitarios e sociais. Créanse con independencia dos gobernos e son organizacións non lucrativas, é dicir, non buscan o beneficio económico. Fináncianse mediante o pagamento de cotas por parte dos socios, axudas estatais, doazóns de empresas privadas, etc. A maioría dos seus membros son voluntarios (realizan un traballo non remunerado).
Entre as súas actividades destacan: axuda á infancia, denuncia dos abusos dos dereitos humanos, axuda ante catástrofes naturais ou conflitos violentos, axuda humanitaria, protección do medio ambiente, fomento do desenvolvemento cultural e educativo, etc.


A que ONG fai referencia este vídeo? Escribe no teu caderno información sobre esta ONG: orixes, obxectivos, campañas, últimas accións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario